Descripción

ANDHREA & THE BLACK CATS EN CONCIERTO EN GALICIA

Andhrea & The Black Cats, gañadora do VI Concusro de la Societat de Blues de Barcelona, é unha banda consolidada cunha traxectoria destacada nos escenarios de toda Galicia, tocando en festivais coma o Outono Códax e o Fisterra Blues Experience. Así mesmo, participou en festivais de referencia coma o Festival de Blues de Benicàssim(2016) e o Sweet Cotton Festival (2018). Nas súas actuacións, a banda ofrece reinterpretacións de clasicos do blues incorporando a tuba como elemento distintico e evocando a música xurdida en Nova Orleans a comezos do século XIX.

 Bon Appétit, é o novo traballo discográfico no que a banda gravou versións de clásicos do blues xunto con composicións propias. O disco céntrase no blues tradicional das decadas de 1930, 1940 e 1950, buscando conservar a enerxía e o espírito dos seus directos, ao tempo que aproveita as posibilidades do estudio para incorporar arranxos e matices que enriquezan as cancións. Aínda que se sostén sobre os códigos do son clásico, incorporando arranxos con influencias contemporaneas. O repertorio inclúe composicións orixinais do grupo, inspiradas nalgúns dos músicos que tanto admiran.

Los Detalles Del Evento

Fecha: abril 10, 2026

Hora de inicio: 21:30 CEST

Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria, Pablo Iglesias, 14, 15930 Boiro, A Coruña