Descripción

O dúo galego Abril é unha das propostas emerxentes máis destacadas do folk contemporáneo. Claudia Abril e Marina Carpente dan vida a unha das formacións con maior proxección dentro da nova escena folk galega. Abril é tradición renovada, sons de raíz en harmonía co presente. Un microcosmos folclórico onde as identidades converxen e crean comunidade. O seu primeiro disco ‘Medrar’ chega coma un raio de luz para inaugurar un tempo novo e trae consigo o Premio Martín Códax da música galega ao mellor proxecto folk 2026.

LONTRAS é unha banda viguesa formada por Juan Arca, Zalo Rodríguez e Sunil López. As súas referencias suxiren sonoridades pouco exploradas na escena contemporánea galega, serpeando nun código sonoro no que se respiran ecos que van desde Chico Buarque ou Rodrigo Amarante a Wilco ou Boards of Canada. Así, o imaxinario estético de Lontras resoa como unha curiosa xénese na que o jazz, a indietrónica, a canción ibérica, a música clásica contemporánea e o pop alternativo máis maduro se dan a man. Nas súas cancións, as evocadoras letras combínanse con harmonías sofisticadas e unha produción preciosista e rica en detalles, construíndo verdadeiras paisaxes sonoras que estimulan a imaxinación dos seus oíntes.

LONTRAS veñen de gravar Caras no lume, o seu primeiro disco, con produción da propia banda e publicado por Raso Estudio.  Este primeiro traballo amosa unha liña similar a cantautores como Rodrigo Amarante ou Daniel Rossen, con composicións baseadas na guitarra e a voz potenciadas por unha produción rica en arranxos e sonoridades. Así, podemos atopar ecos de Radiohead en Cinco fiestras, a Tom Jobim nas cordas d’O principio de incerteza ou as paisaxes sonoras de The Books n’A terrible historia de Afonso Amoedo. O álbum foi gravado por Juanjo Abella en Garaxeland, mesturado por crnds (VVV [Trippin’ you], Caldo, Sandra Monfort) no estudio de Lindisfarne e masterizado por Alex Ferrer en The Groove.

Los Detalles Del Evento

Fecha: noviembre 13, 2026

Hora de inicio: 21:30 CEST

Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria, Pablo Iglesias, 14, 15930 Boiro, A Coruña

RIDER TÉCNICO ⚡