Monoulious DOP

Fecha : 30 / May / 2020
Hora : 22:30
Anticipada : 8€
Taquilla: 12€
Puntos de venta física:
Baldani Concept Store
A Pousada Da Galiza Imaxinaria
A la venta

Monoulious DOP

Concerto

Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade
de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mesmos producen e que coa forza das redes sociáis pronto contan co apoio do público. Este empuxe da xente é o que os incita a montar unha banda en clave de rock formada por Beny á batería, Torroncho ó baixo, Carba e Pla ás guitarras e os propios Ula e Mon ás voces. Despois de ofrecer un bo número de concertos pola xeografía galega presentando a nova banda, na primavera de 2017 sacan o seu primeiro disco, un dobre LP baixo o nome de “LP Padre” no que a banda saca a luz un bo puñado de temas novos e recupera algúns dos temas antigos
que mellor aceptación do público tuveron.
En 2020 sacan o seu segundo disco, o «Black album» con 14 novos temas sen unha etiqueta estilística que fai que o grupo conserve a súa identidade transgresora sen casarse con ningún xenero musical.