Descripción
BRUMEIGHO EN CONCIERTO EN GALICIA.
Toda a recaudación doarase á protectora de animais Callejeros Boiro. Podes doar tamén mediante ingreso ao número de conta: Banco Santander ES4300492948262314907056
BRUMEIGHO é un grupo de música tradicional galega formado no ano 2023 por sete músicos comprometidos coa preservación e difusión do patrimonio musical de Galicia. A súa proposta artística combina a riqueza da tradición coa enerxía e frescura das novas xeracións, ofrecendo interpretacións que respectan a esencia da música galega sen deixar de explorar novas posibilidades sonoras.
A formación conta cunha estrutura instrumental variada, composta por guitarra, baixo, bouzouki, tres flautas/gaitas, percusión, acordeón e voz, o que lles permite unha gran versatilidade á hora de interpretar diferentes pezas do repertorio tradicional. Tamén optan por engadir samplers co obxectivo de emular instrumentos que non interpretan en directo pero van gravados nas cancións. As pezas que interpretan como alalás, muiñeiras e mezclas dos mesmos conforman a base do seu repertorio, sempre cunha identidade propia que pretende sobresair do panorama tradional galego cara novas vías pero sen perder a tradición da música galega.
Desde a súa creación, Brumeigho xa se presentou en diversos escenarios, participando en eventos culturais e encontros musicais por Galicia, aínda que a súa traxectoria segue en expansión. O grupo tamén aposta pola divulgación e ensino da música tradicional.
Con cada actuación, Brumeigho reafirma o seu compromiso coa identidade galega, consolidándose como unha nova voz na música tradicional e contribuíndo á súa evolución e difusión.
Los Detalles Del Evento
Fecha: octubre 26, 2025
Hora de inicio: 18:30 CEST
Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria, Pablo Iglesias, 14, 15930 Boiro, A Coruña