Descripción
ESPIÑO BAND EN CONCIERTO
“Poucas cousas hai máis pop en toda Galicia que Alfonso Espiño”(Nico Vidal, xornalista)
“Espiño ofreceu o recital máis perfecto de todo o Felicia PopFestival. Tanto en son coma en interpretación, estiveronimpolutos” (El Rincón Clandestino)
Alfonso Espiño (Compostela, 1976), fundador de combos de culto coma Mega Purple Sex Toy Kit ou Los Chavales, lidera o grupo Espiño, onde factura un pop rock psicodélico underground en galego con melodías accesíbeis e voces preciosistas, cun enérxico directo. Gañadores do 1º Premio Galicia Creativa 2016 nada máis xuntarse, foron 3 veces finalistas dos Premios Martín Códax da Música. A bandare presentou a Galiza no SUNS Europe (Italia, 2018), ademais de curtirse en multitude de festivais coma o Noroeste Estrella Galicia, Feito a Man,Vive Nigrán, Festival de la Luz, Galegote Rock, Curruncho Pop, FeliciaPop ou Outono Códax. As composicións orixinais de Espiño son xenerosas co detalle e os delicados arranxos, cunha lírica rica en personaxes fascinantes e lugares máxicos, inspirados pola natureza e a melancolía de Galiza. Seus xa inesquecíbeis temas inclúen Ovni sobre o Val do Dubra, Flores, tambores e ilusións, Louro, Sen dúbida Florinda ou Beatle Brother (adicada a Fran Pérez, Narf).
Los Detalles Del Evento
Fecha: febrero 08, 2025
Hora de inicio: 21:30 CET
Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria, Pablo Iglesias, 14, 15930 Boiro, A Coruña