Descripción

IRMAUS DA RAIA SECA EN CONCERTO EN GALICIA

A Raia Seca é o territorio que se extende aos dous lados da liña que separa Galiza e Portugal, lonxe do Miño. Quilómetros de fronteira no espazo e no tempo, na que se desfiguran os límites da realidade até case o distópico: Vías clandestinas de contrabando e extraperlo. Salvo-conduto para guerrilleiros e escapados. Estados sen lei e camiños co privilexio de facer invisibeis a quenes os transitan. Pobos promiscuos nos que todo cambia segundo por que porta se entre ou se saia. Aldeas xemelgas de idéntico nome que se espreitan dende candanseu lado como en realidades paralelas. “Que non é nin d ́eiquí, nin d ́alí”.
Música Trans ou Transcultural [dun lado ao outro]: A que forma parte do inmaterial que nace nos microcosmos “raianos”, “transfronteirizos”. Que tamén se rexe por leis e nociós distintas das que operan mais alá do seu territorio. O seu poder eiqui e agora, radica en facer reflexionar sobre as liñas divisorias nas músicas. Levamos a nosa acción cara ises pequenos universos “atípicos” que foron forxados secularmente polo aillamento cultural. E hoxe isto pode ter un sentido universal -tamén paradóxico- pensando Nolos catro -dous e dous-, obtemos das nosas raíces e diásporas un sentimento compartido: “o que a muitxs lles parece lonxe e distante, para nós nunca deixou de estar cerca”. Únenos un forte magnetismo con esas identidades culturais e reivindicámolas musicalmente como parte do noso maxín. A Raia Seca son músicas que nacen do chan cando iste resoa co beilar. Son melodías vivas que seguen a
ter instinto propio. Son ritmos xa feitos ritual, telúricos, avocados ao trance.

Los Detalles Del Evento

Fecha: marzo 23, 2025

Hora de inicio: 18:30 CET

Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria, Pablo Iglesias, 14, 15930 Boiro, A Coruña