Descripción

MONOLIOUS DOP EN CONCIERTO EN GALICIA

Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mesmos producen e que coa forza das redes sociáis pronto contan co apoio do público. Este empuxe da xente é o que os incita a montar unha banda en clave de rock formada por Beny á batería, Torroncho ó baixo, Carba e Pla ás guitarras e os propios Ula e Mon ás voces. Despois de ofrecer un bo número de concertos pola xeografía galega presentando a nova banda, na primavera de 2017 sacan o seu primeiro disco, un dobre LP baixo o nome de “LP Padre” no que a banda saca a luz un bo puñado de temas novos e recupera algúns dos temas antigos que mellor aceptación do público tiveron. En 2020 sacan o seu segundo disco, o “Black album” con 14 novos temas sen unha etiqueta estilística que fai que o grupo conserve a súa identidade transgresora sen casarse con ningún xenero musical. En 2022 sacan o seu terceiro disco “Disco Disko” con 12 novos temas que che van facer bailar ata perder o control e sen probar gota de alcohol.

Los Detalles Del Evento

Fecha: marzo 15, 2025

Hora de inicio: 22:00 CET

Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria, Pablo Iglesias, 14, 15930 Boiro, A Coruña