Descripción
Maricarme é un supertrío do novo folk galego nacido da unión de tres destacadas figuras do panorama musical: Cibrán Seixo, María Jorge e Migui Carballido.
A través da mestura de instrumentos acústicos —violíns, pandeiros, bouzouki— e electrónica —sintetizador de baixo, pads, pedais—, constrúen un son fresco, contemporáneo e singular. Maricarme transita entre a tradición oral e as composicións propias, dando forma a un directo dinámico e envolvente.
En pouco tempo, o grupo pasou xa por escenarios e festivais de referencia como o Festival Maré, Festiletras ou a Foliada da Fonsagrada, consolidándose como unha das propostas máis estimulantes da escena galega actual.
Coa recente incorporación de María Jorge á formación, Maricarme inaugura unha nova xeira na que o grupo está a piques de presentar o seu primeiro EP, do que xa comezan a adiantar novas sonoridades no directo.
Maricarme son:
- María Jorge — violín, voz e percusión
- Cibrán Seixo — violín, sintetizador de baixo, pandeiro e voz
- Migui Carballido — bouzouki e voz
Los Detalles Del Evento
Fecha: julio 05, 2026
Hora de inicio: 21:00 CEST
Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria, Pablo Iglesias, 14, 15930 Boiro, A Coruña









