Descripción
OS CARECOS EN CONCIERTO EN GALICIA
Os Carecos son un grupo de música tradicional galega que iniciou a súa viaxe sonora en 2014, cando as súas voces se atoparon na Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas de Espesante. Dende entón, abracearon o folclore e a tradición galega, combinándoo cunha proposta renovada e auténtica.
A súa banda consolídase no formato actual con motivo da participación no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2023, no que Alberto Fojo (gaita e clarinete), Serafín Santamariña (acordeón) e Toñito Martínez (percusión) , pasan a formar parte do grupo de pandeireteiros inicial.
En 2024 participaron en reseñables festivais de Folk como o TradFest en Santiago
de Compostela e lanzan os seus primeiros sinxelos.
As polifonías e o traballo vocal dos carecos sobresaen notoriamente na súa proposta, así como un dominio total das percusións de man, conformando unha formaciónimpecable, elegante e orixinal dentro do seu estilo. “FOULA” é o seu primeiro disco, do que xa desfrutamos adiantos como Palmira, Xota e muiñeira das Cortellas ou Tristimil. Tras un exitoso crowdfunding, o grupo reafirma a través deste primeiro disco o seu compromiso de levar dende os seus orixes o folclore galego cara a novas audiencias, abrindo camiños na música tradicional e demostrando que a mestura de tradición e innovación pode resultar nunha experiencia verdadeiramente valiosa.
Los Detalles Del Evento
Fecha: noviembre 07, 2025
Hora de inicio: 21:30 CEST
Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria, Pablo Iglesias, 14, 15930 Boiro, A Coruña