Descripción
PANTIS Y DEATH WHISTLE EN CONCIERTO EN GALICIA
DEATH WHISTLE: Víctor García es un diseñador sonoro y explorador audiovisual cuyos pasos han ido mutando a lo largo de los años hasta solidificarse en su proyecto más personal con Death Whistle.
Sus directos oscilan desde intimistas actuaciones con bellos paisajes sonoros, ruido emocional que envuelven al espectador en una experiencia inmersiva e irresoluble a su faceta mas clubbing  en la que traslada este imaginario del corazón a los pies.
Su carrera compositiva se centra también en la composición de bandas sonoras, para célebres obras cinematográficas como “Unicorn Wars” “Decorado” o “Psiconautas, los niños olvidados”, piezas con cuatro Goyas entre sus múltiples galardones.
Después de su álbum Alter, publicado en Hedonic Reversal, su nuevo trabajo Dipole es la continuación de esta trayectoria junto a la familia del sello barcelonés Synth Vicious.
PANTIS presenta o seu segundo disco, memoria nova (2025), unha panorámica con fronteiras difusas entre o vivido e os puntos cegos do recordo. memoria nova narra historias de inadaptadxs, “misfits”, coa ansia como eixo, a cabalo entre o rural, a pista, as aforas, o polígono, a circunvalación; co motor sempre presente, o coche e, sobre todo, o desprazamento. Marcado polo post punk, o selo 4AD e a escea coldwave, o disco transita entre distintos espectros de memoria, integrando o colectivo a través de rexistros perdidos no vórtice de Internet, arquivos persoais ou voces que volven. No escenario Pantis establece un vínculo motor co espazo e o público a través do corpo, a exhalación e o movemento. A visceralidade convive coa intimidade e os ritmos petan no peito, entre o baile e o arrepío.

Pantis é o proxecto de Rubén Domínguez, músico e realizador audiovisual galego, no que transita, desde o pop, pola electrónica primixenia, o postpunk a coldwave e outros horizontes dispares. Desde a saída de Pranto (2016) leva xirando de forma intermitente e publicando pequenas pezas como o EP Baldíos (2019) ou o álbum recén estreado memoria nova (2025), todos eles con Prenom, o colectivo do que fai parte. Neste tempo ten tocado en habitacións, galpóns, baretos e sitios ben diferentes como Ríoseco en Asturies, Berlín ou Portugal; compartindo escenario con Aviador Dro, Panda Bear, Sonic Boom ou abrindo para Cold Cave na Meet Factory de Praga.

Los Detalles Del Evento

Fecha: junio 12, 2026

Hora de inicio: 22:00 CEST

Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria, Pablo Iglesias, 14, 15930 Boiro, A Coruña

RIDER TÉCNICO ⚡