Descripción
O músico e cantautor galego “Xandre Millet” presenta un concerto dun xeito máis íntimo. Estará acompañado por algúns músicos da súa banda onde interpretará un repertorio do seu novo disco “Moi Noso”.
A música é, ademais dunha paixón para moitos e un pasatempo para outros, unha excelente vía de reivindicación para todo tipo de loitas. Deste xeito, tanto os acordes como as letras poden converterse en auténticos himnos de movementos sociais, transformándose en armas de batalla que suman á hora de pelexar contra as inxustizas. Con este obxectivo escribe Xandre Millet, mozo de Aguiño que presenta o seu segundo proxecto como cantautor sete anos despois do seu debut con apenas 17, un disco que recibe o nome de Moi noso.
Los Detalles Del Evento
Fecha: diciembre 06, 2023
Hora de inicio: 22:00 CET
Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria, Pablo Iglesias, 14, 15930 Boiro, A Coruña