Descripción
César de Centi: Mi guerra mundial del yo contra el yo (2025) é o quinto disco do cantautor galego César de Centi. O disco foi gravado nos Estudios Diciembre, en Madrid, polo produtor e guitarrista Borja Montenegro (Joaquín Sabina, Luz Casal, José Luis Perales, Sole Giménez, Manolo Tena…). A mestura corre a cargo de Juan González (Joaquín Sabina, Serrat, Pablo Milanés, Aute…). Conta coa colaboración do cantautor Ismael Serrano, referente da canción de autor española e latinoamericana. No disco participan músicos da talla do batería Pablo Serrano (Raimundo Amador, Aute, Quique González, Ariel Rot, Christina Rosenvinge…), o pianista Jacob Sureda (Ismael Serrano, Chenoa, Pasión Vega, Buika) e o contrabaixista Jacob Regulón (Ariel Rot, Iván Ferreiro). As guitarras e os baixos foron gravados polo propio Borja Montenegro. O disco foi presentado na Sala Garufa Club da Coruña coa banda, cun cheo absoluto. César de Centi (1980) leva vinte e cinco anos sobre os escenarios. Actuou en festivais como Noroeste Estrella Galicia, SantiAutor, BarnaSants e Vai de Camiño, así como no circuíto nacional da canción de autor, en salas como Libertad 8, Galileo Galilei, La Fídula e na maior parte dos escenarios do xénero en Galicia. En 2022 realizou unha xira dun mes polo norte da Arxentina xunto a Tato López e Emiliano del Río. Con motivo do seu vixésimo aniversario sobre os escenarios, gravou un disco en directo no Teatro Colón da Coruña. Principios y declaraciones, xunto a Jose Luis Paz (2008), La luz de los gigantes (2014), Bailando el incendio (2019) e Directo en el Teatro Colón (2022) son os seus traballos anteriores. Paralelamente, participou no proxecto CINCOPAREDES (Silvia Penide, Luis Moro, Nando Deibe e Félix Arias) e foi cofundador da Asociación de Cantautores Viernes de Cantautar. Ao longo da súa traxectoria compartiu escenario, entre outros, con Marwan, Tontxu, Pancho Varona, Andreas Prittwitz, Luis Fernández, Mikel Izal, Carlos Chaouen, Daniel Hare, Fito Mansilla, Tato López, Vizcaíno e Prado…
Tato López presenta Scordatura: cambio na orde do ton dunha ou varias cordas dun instrumento, para tocar determinada música ou peza musical. CORDA, provén de CORS “corazón”. Este album componse de cinco cancións, e 30 poemas, nun formato de disco-libro con ilustracións orixinais. Quinto traballo de Tato López. Producido por Borja Montenegro, (J.Perales, Sabina, Luz Casal, etc…) Han participado artistas da talla de Mara Barros (Sabina), Tino di Geraldo, entre outros artistas. Conseguiúse grazas a unha campaña de crouwdfunding na plataforma Verkami. Más de 200 achegas de micromecenas fixeron posible conseguir a cantidade co que estamos levando a cabo este libro disco. Coa participación de Pilar Polo, ilustradora.
Los Detalles Del Evento
Fecha: octubre 11, 2026
Hora de inicio: 19:30 CEST
Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria, Pablo Iglesias, 14, 15930 Boiro, A Coruña












